08/06/17

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Celebrando o Día das Letras Galegas no IES Marqués de Sargadelos cun obradoiro de xogos populares, birlos e billarda, e unha exhibición de baile e cantareiras.










 


21/05/17

CARLOS CASARES-LETRAS GALEGAS 2017


Vídeo realizado polos alumnos de 2ºB, Pedro e Mateo.



A nosa exposición sobre Carlos Casares.



CORRELINGUA 2017

As alumnas e alumnos de 2º e 3º ESO participaron o 9 de maio no Correlingua, que este curso tivo lugar en Viveiro.



Do alumnado de Xove inscrito na carreira, o mellor clasificado na súa categoría foi Gabriel, 4º posto. As rapazas participantes, Mara e Sheila, quedaron entre as dez primeiras. Noraboa a tod@s!




05/04/17

LECTURAS 3ª AVALIACIÓN



Escollemos un dos libros propostos.

1º ESO



2º ESO




3º ESO


4º ESO

             

VIDEOPOEMAS

A partir da lectura da antoloxía de poemas en galego Poetízate, o alumnado de 4º escolleu un deles e elaborou un videopoema. 

Alba Villarquide escolleu Rosalía de Castro e  recitou o seu poema "Xan" con moito gusto e delicadeza.




MICROCONTOS



 Os microcontos do alumnado de 2º de ESO que máis gustaron.





Cando ela entrou no seu cuarto, encontrouse a si mesma... tirada no chan, cun vaso roto ao carón.

Sheila Duarte








Ía moi rápido, e de súpeto, estampouse contra o chan. A folla finalmente chegara ao seu destino sen ningún dano.

Xabier Boixet